publicidade hoxe

Deteñen ao suposto autor dun incendio forestal intencionado na Pobra do Caramiñal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalLocal PortadaSucesos
A-
A+
Europa Press

A Policía Autonómica detivo un home como suposto autor dun incendio forestal “intencionado” que afectou a 500 metros cadrados de superficie rasa no concello coruñés da Pobra do Caramiñal.

Diso informou a Xunta a través dun comunicado, no que precisou que ese incendio tivo lugar o pasado 31 de maio na parroquia de Xobre e que se orixinou cando o agora detido prendeu lume cun chisqueiro “con intención de limpar a zona”, segundo a súa propia declaración.

Na campaña contraincendios forestais deste ano son xa 28 persoas as que están sendo investigadas como supostas autoras de lumes. No caso do citado detido, as dilixencias foron remitidas ao xulgado de primeira instancia e instrución de Ribeira en funcións de garda.

8 de xuño de 2016 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.