publicidade hoxe

Desaloxan varias vivendas por un incendio nun edificio en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal PortadaSucesos
A-
A+
Europa Press

Os axentes da Policía Local desaloxaron a última hora deste luns por precaución aos veciños das vivendas adxacentes a un edificio que sufriu un incendio en Ferrol.

Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o incendio iniciouse sobre as 19,00 horas nun edificio abandonado da rúa Concepción Arenal.

Como precaución, os veciños das vivendas lindantes foron desaloxados, aínda que puideron regresar ás súas casas unha vez sufocadas as lapas. O incendio calcinou por completo o segundo piso do edificio e provocou que se derrubase o teito.

15 de xuño de 2016 | 10:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.