publicidade hoxe

Crecente acada o 100% das axudas do Plan Concellos da Deputación provincial

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCrecentePontevedra
A-
A+

Crecente súmase á lista de concellos da provincia aos que xa se lles outorgou o 100% do total destinado dentro do Plan Concellos 2016, xunto con Silleda, Redondela ou Catoira. Crecente acadou a totalidade do presupostado, 390.858,64 €, despois de que se aprobase, mediante resolución provincial, unha axuda de 39.081,47 € destinada á mellora do camiño a Pousa e Muros, na liña 1 de investimentos.

O resto das axudas a este concello repartíronse da seguinte maneira: 251.450,23 € na liña 1 para actuacións en alumeado público en Albeos e Villar, a mellora de muros, o acondicionamento do tanatorio e a casa cultural de Albeos, o acondicionamento da piscina municipal, a cuberta da pista polideportiva en Filgueira, a mellora da seguridade viaria en distintos puntos do concello e a adquisición dun remolque. Por outra banda, na liña 3, Crecente recibiu 14.655,34 € en axudas para a animación infantil e as actuacións musicais e teatrais do Crecente Cultural 2016, o programa “Coñece a túa comunidade”, a Festa da Pita 2016, a semifinal e a final da Copa Galicia de Balonmán 2016, o primeiro Campionato de Bádminton Concello de Crecente e as actuacións corais do Coro de Cámara de Crecente. Por último, 85.671,60 € foron destinados na liña 4 á contratación de 10 traballadoras e traballadores que levan a cabo tarefas nos servizos municipais da vila.

22 de xuño de 2016 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.