publicidade hoxe

Cores Tourís inaugura o curso de Operacións en transporte marítimo e pesca de baixura da escola de FP Marítimo Pesqueira de Bueu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueu
A-
A+
Cores Tourís na inauguración do curso

Cores Tourís na inauguración do curso

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, inaugurou esta mañá o novo curso de Operacións en Transporte Marítimo e Pesca de Baixura que se desenvolve dende hoxe nas instalacións da Escola de FP Marítimo-Pesqueira de Bueu.

Este curso conta con 15 alumnos e un crédito horario de 658 horas, rematando o próximo 28 de novembro. “Trátase dunha das formacións máis demandados de FP en Galicia, porque ademais de poder obter o certificado de Profesionalidade de nivel 2 e a matriculación para exámenes do título de Patrón Costeiro Polivalente”, explicou Cores Tourís.

Pola súa banda, a directora do centro engadiu que grazas a este curso, os alumnos obteñen tamén unha formación complementaria imprescindible, xa que tamén se lles aporta o certificado de Manipular de Alimentos e apórtaselle habilitades para a busca activa de emprego no sector do mar.

Nesta ocasión, os alumnos ademais de contar coa formación na Escola, realizarán prácticas reais de navegación, prácticas con simuladores na propia escola así como na Escola Naval Militar de Marín, e por último Prácticas Profesionais nen empresas do sector.

O certificado en Operacións en Transporte Marítimo e Pesca de Baixura inclúese no catálogo de cursos subvencionados polo SEPE que contan con axudas para transporte, dietas e aloxamento para o alumnado. Como novidade as axudas serán tramitadas co apoio da Escola de Bueu, medida que ten como obxectivo a introdución dos alumnos na Administración Electrónica.

“De feito, contarán tamén cunha plataforma on-line que lles permitirá o seguimento do curso dende a súa propia casa ou dende calquera lugar só con ter conexión a internet”, engadiu María Teresa Caneda. “Outra importante novidade é a inclusión dentro desta plataforma de formación on-line de un buscador de ofertas de emprego especializado nas profesións marítimo pesqueiras que inclúe un titor virtual para realizar e actualizar os currículums de tódolos alumnos”.

A Escola de F.P Marítimo Pesqueira de Bueu conta no presente ano con case 900 alumnos. “A demanda neste centro é moi elevada, xa que é o único de estas características co que conta a comunidade autónoma impartindo formación na familia profesional marítimo-pesqueira e incluso conta cunha bolsa de emprego para alumnos que rematan a súa formación”, explicou Caneda Triñanes.

De feito, este centro imparte formación para dous sectores diferentes moi relacionados co mar, o da pesca e o da Mariña Mercante, así como aporta coñecementos complementarios de tipo sanitario para os profesionais embarcados.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria dotou no presente ano a esta escola cun orzamento de 234.600 euros, distribuída entre o curso de certificados de profesionalidade e cursos experimentais para a obtención dos certificados de Mariña mercante, Consellería do Mar e ISM. A Xunta de Galicia destinou á formación de desempregados na provincia de Pontevedra máis de 14 millóns de euros.

21 de xuño de 2016 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.