Caballero ve a Pedro Sánchez como o absoluto gañador” do debate a catro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este martes que o candidato do PSOE á presidencia do Goberno, Pedro Sánchez, foi o “absoluto gañador” do debate a catro, pola súa “capacidade de transmitir aos cidadáns” e de situar o partido “na socialdemocracia”.

En declaracións aos medios, o rexedor olívico e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), apuntou que, fronte á “visión singularmente pouco axeitada ao que está a suceder” de Rajoy, Iglesias e Rivera, o candidato socialista demostrou a súa “capacidade de facer política”. “Houbo un claro gañador, que foi Pedro Sánchez,”, apostilou, e recordou que, “como gañador”, estará nun acto o xoves ás 18.30 horas, no auditorio Mar de Vigo da cidade olívica.

Así, eloxiou a súa “transmisión aos cidadáns” e a súa capacidade de “situar claramente ao PSOE na socialdemocracia, que foi a que fixo grandes cambios en España”. “No debate, vi a Pedro Sánchez presidente de España. E díxenllo onte, gustoume”, engadiu Caballero.

Segundo recalcou o alcalde, o candidato socialista “levou o liderado de forma moi activa” durante grande parte do debate, e soubo formular “a autonomía do PSOE para levar adiante unha saída da crise para traballadores e clases medias, e para facer políticas de igualdade”. Ao seu xuízo, o debate “reforzou” a candidatura de Sánchez.

A preguntas dos medios sobre as enquisas que sitúan ao PSOE como terceira forza en España, Abel Caballero recordou que, solo unha semana antes das eleccións municipais (nas que el arrasou, cunha maioría absoluta de 17 concelleiros), as enquisas lle daban “dez puntos menos”. “Non son un fenómeno matemático exacto, o voto declarado é incuestionable, pero pode haber voto oculto”, sentenciou.

14 de xuño de 2016 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.