publicidade hoxe

Beatriz Mato convida aos máis pequenos a colaborar no coidado do medio ambiente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerceda
A-
A+
Beatriz Mato en Cerceda. Foto: M. Fuentes

Beatriz Mato en Cerceda. Foto: M. Fuentes

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, animou hoxe aos máis pequenos a colaborar no coidado do medio ambiente para conseguir construír, entre todos, un planeta “sustentable”.

Así o sinalou hoxe durante a súa participación na clausura do programa EcoVoz 2016, que tivo lugar en Cerceda, e no que se entregaron os premios aos centros educativos que participaron nesta actividade de carácter ambiental e educativo.

A titular do departamento autonómico recordou que hai xestos “moi sinxelos” que poden aportar “moito” na preservación do medio ambiente. Entre outros, citou exemplos como a separación de residuos para mellorar a reciclaxe, ou o aforro da enerxía e da auga nas nosas actividades cotiás.

Ademais da iniciativa clausurada hoxe, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio impulsa e colabora tamén noutras actuacións que teñen como obxectivo promover a conciencia ecolóxica entre os nenos e nenas. Así, en colaboración coa Consellería de Educación, puxéronse en marcha oito programas de carácter medio ambiental dentro do Plan Proxecta; e implantouse, este curso, a materia “Paisaxe e sustentabilidade” como materia de libre elección en secundaria e bacharelato.

10 de xuño de 2016 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.