Asínase o contrato que permite comezar as obras do novo edificio xudicial de Pontevedra este verán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraPontevedra
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda asistiu esta mañá á sinatura coa empresa adxudicataria do contrato para poder levar a cabo as obras do novo edificio xudicial da cidade de Pontevedra, o que permitirá comezar as obras do edificio xudicial da Parda, en Pontevedra, este mesmo verán.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que estivo acompañado pola secretaria xeral da Vicepresidencia, Beatriz Cuíña, e o delegado territorial en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que unha vez formalizado o contrato poderán comezar as obras, cun prazo de execución de 21 meses.

Esta actuación permitirá dotar á cidade e á Administración de Xustiza dun edificio de máis de 20.000 metros cadrados, integrado coas instalacións actuais e con capacidade para albergar 25 unidades xudiciais, sendo un dos maiores investimentos na nosa Comunidade destinado a unha infraestrutura xudicial.

Ademais, agrupará todos os xulgados dispersos agora mesmo na cidade e estará comunicado a través dunha pasarela co actual edificio de xulgados, formando un único complexo.

21 de xuño de 2016 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.