publicidade hoxe

As piscinas do Complexo Deportivo de Monterrei abrirán ao público esta fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonterreiOurense
A-
A+

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou as instalacións das piscinas do Complexo Deportivo de Monterrei que o sábado que vén, día 4, abrirán de novo as portas ao público.

A nova tempada de verán prolongarase ata primeiros de setembro. O recinto de Monterrei conta con 6 piscinas, incluíndo unha infantil e outra de olas. Durante os últimos meses procedeuse á realización de diferentes traballos de posta a punto despois do inverno, para poñer en marcha o recinto que acolle nos tres meses de apertura unha media de 70.000 persoas cada ano.

O prezo das entradas para acceder ás instalacións acuáticas subiron 10 céntimos con respecto á temporada anterior. Así, a entrada para os maiores de 18 anos custa 2,30 euros e a de menores, 1,30 euros. O acceso para os cativos menores de 4 anos é de balde. Ofrécese tamén a posibilidade de adquirir bonos de 10 entradas que abaratan o acceso ás piscinas cun prezo de 10 e 20 euros, para menores e maiores de idade, respectivamente.

O horario de apertura establécese, como anos anteriores, de 12.00 a 21.00 horas.

2 de xuño de 2016 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.