publicidade hoxe

Apuntan á posible distracción do condutor como causa do atropelo a ciclistas en A Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaLocal PortadaSucesos
A-
A+
Europa Press

O informe técnico elaborado polo equipo de Atestados de Tráfico de O Porriño (Pontevedra) apunta como causa principal ou eficiente do atropelo a un pelotón de ciclistas en A Guarda o pasado mes de marzo, accidente que se saldou cun morto e sete feridos, a unha “posible distracción ou desatención momentánea” por parte do condutor do turismo.

O documento, conclúe que o condutor -que ten 87 anos- , “non se decata da presenza” do grupo de 14 ciclistas que transitaba en columna da dous e “, aínda que logra superar na súa marcha aos dous últimos por escasa marxe, arrastra de forma sorpresiva e sucesivamente, con grande violencia, a varios deles”.

A iso engade que “a pesar da violencia do impacto, en lugar de realizar unha manobra evasiva de freado ou cambio de dirección, continúa traxectoria recta” e prosegue o seu camiño sen deterse “ata máis de 200 metros despois”. A continuación, sinala que parou “uns instantes” e reiniciou a marcha cara a un restaurante situado a máis dun quilómetro de distancia.

9 de xuño de 2016 | 16:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.