Abel Caballero pide votar a Pedro Sánchez para que estenda o modelo Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pediu este luns o voto para o candidato do PSOE, Pedro Sánchez, a quen valorou porque foi “un aliado permanente” da cidade, para que poida estender o “modelo” que o propio Caballero implantou no seu goberno municipal.

Nun acto electoral no que foi protagonista e no que repasou os logros dos seus nove anos á fronte do concello, Caballero recordou que el preside a Federación Española de Municipios e Provincias grazas ao respaldo do seu partido e “porque o PSOE quixo que o modelo de Vigo sexa o modelo a levar a toda España”.

O rexedor asegurou que seguirá gobernando a cidade olívica “23 anos máis” e que quere ter como “compañeiro” a Pedro Sánchez dende a presidencia do Goberno de España.

Caballero puxo como exemplo a súa xestión, e recordou que pode falar “con feitos”, non con “palabras falsas”, como outros partidos. Nesa liña, enumerou as proxectos e iniciativas levadas a cabo na cidade dende que é rexedor, como as bolsas de comedor e de inglés, as axudas sociais, a ‘humanización’ de rúas, a lei da Área Metropolitana, os voos de Peinador e a reforma de Balaídos, entre outros.

CONTRA PODEMOS E PP

No lado oposto, dedicou case todas as súas críticas a Podemos e ás mareas. De feito, cando un viandante interrompeu o seu discurso para berrar “¡Podemos!”, o rexedor respondeulle inmediatamente: “Podemos en Vigo tres e a miña lista 17 (en alusión aos concelleiros obtidos por Marea de Vigo e aos socialistas). ¡Tres a 17, tomade nota!”.

Segundo Caballero, ás ‘mareas’ dóelles” obter solo tres edís nas municipais nesta cidade, e lles acusado de, ao igual que o PP, ter “medo” de saír á rúa e organizar actos “sempre en sitios pechados”.

“Ás mareas e a Podemos pídolles que expliquen por que están en contra de Citroën; e ao PP, que se acorde de que a primeira cidade de Galicia e do Noroeste de España é Vigo, e non outra”, afirmou, e lles invitou a visitar a cidade olívica “para ver como se fai a política social”.

13 de xuño de 2016 | 16:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.