publicidade hoxe

A Xunta traslada ao concello de Coles as vantaxes da adaptación do PXOM á nova Lei do solo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaColes
A-
A+

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo unha xuntanza co alcalde de Coles, Manuel Rodríguez Vázquez, co fin de tratar a adaptación do PXOM en trámite á nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia.

O alcalde trasladou a decisión municipal de non someter o PXOM á consideración do Pleno para a súa aprobación provisional antes da entrada en vigor, o pasado día 19 de marzo, da nova Lei do Solo de Galicia, debido a que o concello veuse na obriga de cambiar de equipo redactor do documento. Esta situación motivou que, xunto coa emisión de dous informe sectoriais que aínda están pendentes de ser recibidos no concello, os traballos aínda non estivesen rematados.

Esta decisión permitirá ao concello manter a tramitación acadada ata o momento segundo a LOUG, sendo preciso a adaptación das súas determinacións e contidos á nova normativa, o que suporá un novo impulso ao documento para que sexa unha realidade durante o actual mandato municipal.

A secretaria xeral, Encarnación Rivas, trasladou as vantaxes da nova lei 2/2016 do Solo de Galicia, como por exemplo: a desaparición da categoría de urbanizable non delimitado que daba lugar ás urbanizacións illadas; ou a eliminación da restrición dos 50 metros de distancia máxima respecto as edificacións tradicionais existentes para delimitar os núcleos tradicionais

A Xunta de Galicia destaca o apoio técnico e económico a este documento, que planificará o desenvolvemento do concello, para o cal concedeu axudas por importe de preto de 125.000 euros.

1 de xuño de 2016 | 13:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.