publicidade hoxe

A Xunta licita as obras de mellora de seguridade viaria e acondicionamento nunha intersección na estrada Ribadavia-Cea

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadaviaSan Cristovo de Cea
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a licitación das obras de mellora de seguridade viaria e acondicionamento na estrada Ribadavia-Cea (OU-504), concretamente Acceso Mancomunidade Ribeiro-Beade, na provincia de Ourense (http://goo.gl/S9w8Ve), á que destinarán máis de 190.000 euros. O prazo de admisión das propostas rematará o vindeiro 6 de xullo.

As actuacións que levará a cabo a Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, centraranse no punto quilométrico 5+690 e terán un prazo de execución de 4 meses.

O proxecto ten como obxectivo mellorar a intersección, situada no Concello de Beade, pola que se accede ao Punto Limpo e á Planta de Transferencia; executarase un carril central de espera e unha semiglorieta para o cambio de sentido. A estrada ten viais de servizo polo que ol dominio público é suficiente e non será necesario facer expropiacións. Este proxecto atende a unha solicitude realizada polo presidente da Mancomunidade do Ribeiro.

Remarcar que Goberno galego está a avanzar un novo paso nunha materia prioritaria como é a seguridade viaria, ademais de apostar polo interior de Galicia, ao tentar mellorar os servizos e a calidade de vida de todos os galegos, independentemente do lugar onde vivan.

10 de xuño de 2016 | 18:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.