A Xunta inicia os foros de participación Talento Xove dirixidos a favorecer o desenvolvemento das capacidades dos xóvenes galegos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Consellería de Política Social comeza as reunións de traballo dos foros de participación “Talento Xove”, unha nova iniciativa que ten por obxecto poñer en valor e favorecer o desenvolvemento das destrezas e capacidades dos mozos e mozas galegos. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, mantivo hoxe en Lugo un encontro con representantes de diferentes institucións e entidades que participan nas políticas de xuventude, e ao que tamén asistiu a delegada territorial da Xunta de Galicia na cidade lucense, Raquel Arias Rodríguez.

Esta foi a primeira das xuntanzas que realizará Cecilia Vázquez nas catro provincias galegos no marco desta iniciativa para avaliar cos axentes implicados as posibilidades de desenvolvemento dos talentos da mocidade. Así, nestas reunión están convidados a participar asociacións de empresarios, representantes de universidades, técnicos de xuventude doutras administracións e directivos de selección de persoal de empresas.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, explicou que o que se pretende con estes encontros é “recoller a opinión e as ideas dos principais axentes que traballan coa xuventude en Galicia, aos efectos de analizar as necesidades, descubrir as oportunidades e propiciar un intercambio de coñecementos”.

Estas reunións de traballo de “Talento Xove” terán unha duración de hora e media, durante a que se analizará e reflexionará dende diferentes puntos de vista sobre como o talento da nosa xuventude pode reverter no tecido empresarial galego.

16 de xuño de 2016 | 17:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.