publicidade hoxe

A Xunta forma a profesionais da Garda Civil para a investigación de incendios forestais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal Portada
A-
A+

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, visitou hoxe as instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública, Agasp, onde se impartiu a segunda edición do Curso superior de investigación de incendios forestais dirixido ao persoal da Garda Civil que traballan en Galicia.

A formación tivo lugar esta semana e contou con máis de 20 axentes procedentes das catro provincias galegas e das diferentes unidades da Garda Civil: Seprona, Pacprona, Seguridade Cidadá e Policía Xudicial. A primeira edición do curso foi no mes de maio e estivo dirixida a máis de 35 axentes da Policía Autonómica.

A Vicepresidencia asinou o pasado mes de novembro un convenio de colaboración coa Secretaría de Estado de Seguridade, para a formación das forzas e corpos de Seguridade do Estado que traballan en Galicia, e que é pioneiro no conxunto do Estado. Froito deste acordo xorde este curso específico, no que por primeira vez a Agasp forma integramente a profesionais da Garda Civil.

A Xunta está comprometida na loita contra os incendios forestais e na investigación dos mesmos. Os esforzos realizados pola Administración autonómica son patentes, como se desprende da recente aprobación do Plan de Incendios Forestais 2016, ao que se suma a formación da propia Agasp, que especializa nesa materia aos profesionais da seguridade pública da nosa Comunidade.

10 de xuño de 2016 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.