A Xunta entrega a 22 cidadáns as cartas de adxudicación de vivendas de promoción pública no barrio de Covadonga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+

A Xunta de Galicia vén de entregar as cartas de adxudicación das 22 vivendas de promoción pública construídas pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda no barrio ourensá de Covadonga, os inmobles adxudícanse en réxime de compravenda. Os interesados puideron visitar a vivenda que lles corresponde.

Unha vez entregadas as cartas de adxudicación, os beneficiarios dispoñen dun prazo de 15 días para comunicar ao Goberno galego a aceptación da vivenda e cumprimentar os trámites previos á sinatura de escrituras de compravenda e á entrega de chaves.

As vivendas adxudicadas en réxime de compravenda xa foron entregadas aos seus adxudicatarios no pasado mes de febreiro.

En total, o Executivo autonómico construíu 52 vivendas de promoción pública en Covadonga, contando cun investimento de máis de 2,7 millóns de euros.

Por outra banda, a Administración autonómica entregou as chaves dunha vivenda en réxime de alugueiro social en Ourense, a unha persoa en risco de exclusión social e con fillos menores ao seu cargo. A vivenda foi cedida por Abanca, Corporación, División Inmobiliaria, S.L., para a súa adxudicación en réxime de alugueiro social.

14 de xuño de 2016 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.