publicidade hoxe

A Xunta comeza as obras de mellora do firme na estrada OU-540 en Barbadás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarbadásOurense
A-
A+

A Xunta de Galicia inicia hoxe as obras de rehabilitación do firme no carril esquerdo da estrada que une Ourense coa fronteira de Portugal (OU-540), ao seu paso polo Concello de Barbadás.

A actuación centrarase no acondicionamento do pavimento no tramo comprendido entre o PQ 4+600 e o 7+900, á saída da localidade de Bentraces. As obras consistirán no fresado e execución dunha nova capa de rodadura no carril esquerdo, sentido Ourense.

Estes traballos, que se levarán a cabo entre esta semana e a próxima, teñen como obxectivo a mellora desta vía, para acadar unha condución máis cómoda e segura.

Para a realización destas actuacións será necesario pechar o tráfico no citado carril por treitos, permitindo a circulación alternativa polo carril dereito.

A Consellería de Infraestruturas, mediante este tipo de obras, continúa apostando pola conservación axeitada da rede viaria autonómica, proporcionando así aos cidadáns unhas estradas con maior seguridade viaria.

30 de xuño de 2016 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.