A Xunta aposta polo fomento do emprego da biomasa como eixo para o futuro enerxético galego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseOurense
A-
A+
Marisol Díaz na inauguración das xornadas

Marisol Díaz na inauguración das xornadas

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteria, participou na inauguración da X Xornada sobre Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética que se desenvolve en Expourense.

Díaz Mouteira salientou que a Estratexia Integral de Impulso da Biomasa, que está a desenvolver o Goberno galego, recolle que a aposta por esta enerxía limpa e a súa aplicación en diferentes sectores, como o agroalimentario, o agropecuario, ou o sector servizos, suporá a finais desta década un aforro anual de 70 millóns de euros na compra de combustibles fósiles. Ademais, creará 1.000 novos postos de traballo e mobilizará un investimento próximo aos 500 millóns, evitando a emisión á atmosfera de 246.000 toneladas de CO2 ao ano. “Potenciamos, deste xeito, unha nova industria ao servizo da recuperación económica, ao mesmo tempo que aproveitamos todo o potencial dos nosos montes”, indicou.

Na súa intervención, a delegada territorial apuntou á eficiencia enerxética e ao impulso das fontes renovables como “dous dos piares básicos da actuación en política enerxética do Goberno da Xunta”. Lembrou que a rendibilidade de implantar sistemas de enerxía renovable non é só económica, senón medioambiental, polo que a súa aposta beneficia a toda a sociedade.

16 de xuño de 2016 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.