publicidade hoxe

A Xunta acometerá reparacións nos pavimentos de oito vivendas de promoción pública en Melide

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelide
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), investirá máis de 13.000 euros en obras de mellora das vivendas de promoción pública no Concello de Melide. As actuacións consistirán na substitución de pavimentos en oito das vinte vivendas de promoción pública construídas, así coma os zócalos correspondentes e cubrexuntas no encontro do pavimento das estancias. Estas obras terán unha duración dun mes dende o seu inicio no mes de xuño.

Asemade, o IGVS levará a cabo unha intervención dirixida a incrementar en polo menos un 20 por cento a súa eficiencia enerxética a través de melloras da envolvente térmica nestas vivendas. Os correspondentes proxectos para actuar sobre as fachadas e tellados están en proceso de redacción.

A Consellería de Infraestruturas realizará este ano diversas actuacións en edificios de vivendas de promoción pública co obxectivo de mellorar a súa eficiencia enerxética.

3 de xuño de 2016 | 17:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.