A Policía Autonómica investiga ao presunto autor dun incendio forestal no municipio de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraSucesos
A-
A+

Axentes da xefatura da Policía Autonómica de Pontevedra informaron hoxe da investigación do presunto autor dun incendio forestal no concello de Pontevedra.

O lume tivo lugar o pasado 1 de xuño, no lugar de Piñeiro, parroquia de Campañó, no concello de Pontevedra, e que afectou a unha superficie de 7.000 metros cadrados de monte arborado. O incendio foi causado cando o investigado se atopaba facendo unha queima de restos agrícolas, sen tomar as medidas preventivas básicas de seguridade.

Na investigación colaborou a Brigada de Investigación de Incendios Forestais da Consellería do Medio Rural. Na extinción foi necesaria a intervención do persoal do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta de Galicia. Polos feitos instruíronse dilixencias que foron remitidas ao Xulgado de Garda de Pontevedra.

Na actual campaña anti-incendios forestais do 2016, un total de 27 persoas foron investigadas pola Policía Autonómica, como presuntas autoras de incendios forestais.

7 de xuño de 2016 | 17:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.