publicidade hoxe

A Evega organiza en Leiro un taller práctico sobre defectos do viño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLeiro
A-
A+

Mañá mércores día 8 de xuño terá lugar un taller práctico sobre os defectos do viño no Edificio Centro de Saúde do Concello de Leiro (Ourense). Este obradoiro está organizado pola Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, que depende da Consellería do Medio Rural, en colaboración con Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e o Concello de Leiro.

A xornada centrarase en coñecer o mecanismo fisiolóxico da cata, as moléculas responsables dos defectos máis comúns dos viños, a súa orixe e os mecanismos de aparición. Así mesmo, os asistentes aprenderán a detectar o limiar de percepción de cada defecto; estudar o comportamento dos viños fronte aos mesmos; memorizar os defectos máis comúns nos viños así como coñecer a súa prevención e/ou eliminación.

O taller está dirixido principalmente aos paneis de cata dos consellos reguladores das denominacións de orixe dos viños galegos, enólogos e sumilleres cun total de 40 prazas dispoñibles. Tamén estarán presentes en Leiro técnicos de adegas, investigadores, adegueiros, viticultores e estudantes.

7 de xuño de 2016 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.