publicidade hoxe

A Escola de Cantería expón en Poio os traballos elaborados polo seu alumnado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoioPontevedra
A-
A+

Desde hai máis de 37 anos a Escola de Cantería realiza, ao remate do curso, unha exposición dos traballos elaborados polo seu alumnado. Este ano, no Casal de Ferreirós, desde o 18 ata o 28 de xuño, poderanse ver 46 obras en granito, bronce, cemento e escaiola que amosan o traballo de modelado, positivado, baleirado, corte, pulido e fundición que elaboran as alumnas e alumnos nas diferentes materias que imparte a Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra.

A exposición articúlase en tres partes: modelado e baleirado, cantería e escultura. No apartado de modelado e baleirado amósanse pezas en escaiola, ben sen pintar, pintada e policromada, escaiola con granito e cemento, un gran número delas policromadas. Neste caso poderemos ver obras de Alejandro García Álvarez, Alexandre López Caamaño, Alexandre Martínez Souto, Cristian Jabois Pérez, Daniel Acuña Mariño, Daniel Fernández Areses, Daniel Moreira Viñas, Esteban Casás Blanco, Francisco Escariz Jamardo, Jesús Nores Guerra, Jonathan Mariñas García, José Miguel Lorenzo Lagares, Miguel Moure Carro, Pablo Queiruga Portela, Paulo Álves da Costa Araújo, Rodrígo García Giráldez, Víctor M. Casal Nogueira e Víctor Manuel Otero Sanjorge.

En cantería amósanse trece traballos en granito dispostos, polo peso das obras, no exterior do Casal de Ferreirós. En concreto, poderanse ver obras de Cristian Jabois Pérez, Daniel Acuña Mariño, Daniel Moreira Viñas, David Fernández Areses, Jonathan Mariñas García, José Miguel Lorenzo Lagares, Paulo Álves da Costa Araújo, Pedro Barranco Martínez, Raúl Martínez López, Víctor Manuel Casal Nogueira e Víctor Manuel Otero Sanjorge.

A escultura está representada por oito pezas de granito situadas tanto no exterior como no interior do Casal de Ferreirós dos alumnos Alejandro García Álvarez, Alexandre López Caamaño, Francisco Escariz Jamardo, Jason Pérez Domínguez, José Manuel Arca Núñez, José Manuel Mosteiro Abelleira, Raúl Martínez López e Raúl Moreno de Paz.

Na actualidade cursan os seus estudos na Escola de Cantería un grupo de 45 alumnas e alumnos que rematarán o 29 de xuño. O vindeiro curso 2016/2017 comezará a principios de outubro.

16 de xuño de 2016 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.