publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra concede un préstamo sen xuros de 300.000 euros ao Concello de Salceda de Caselas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraSalceda de Caselas
A-
A+

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, asinaron hoxe a concesión dun crédito de 300.000 € para operacións de tesourería neste municipio. Trátase dun dos sete concellos beneficiados pola convocatoria inicial do Goberno provincial de préstamos sen xuros para os concellos de menos de 50.000 habitantes para o financiamento de inversións, operacións de tesourería, necesidades urxentes ou desfases transitorios.

En 2016 é a primeira vez que a Deputación provincial saca esta liña de créditos en réxime de concorrencia competitiva e sen ningún tipo de xuros para os municipios, xa que co anterior Goberno estes eran do 2%. Ademais de Salceda de Caselas, outros seis concellos -Catoira, Silleda, Poio, Pazos de Borbén, A Cañiza e Fornelos de Montes- se beneficiaron ata o momento desta iniciativa, cun investimento de 1.137.708,7 €.

Outros concellos da provincia teñen aberto ademais agora o prazo para solicitar este tipo de préstamos ao Goberno provincial. Trátase dunha segunda convocatoria que a Deputación mantén aberta dende o pasado 3 de xuño, por un valor total de 362.291,28 €, xa que na convocatoria inicial non se esgotara o importe máximo asignado de 1,5 millóns de €.

Ademais do réxime de concorrencia competitiva e sen ningún tipo de xuros, como outra novidade cómpre destacar que a nova Deputación tamén lle asigna a esta iniciativa 500.000 € máis que a última asignación do anterior Goberno provincial.

6 de xuño de 2016 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.