publicidade hoxe

A Deputación da Coruña inviste en Mugardos 557.000 euros a través dos diferentes plans provinciais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaMugardos
A-
A+

A Deputación da Coruña investiu no último ano en Mugardos un total de 557.644 euros a través dos diferentes plans de investimentos que impulsa o organismo provincial.

Así llo trasladou esta mañá o presidente do organismo, Valentín González Formoso, ao alcalde de Mugardos, Juan Domingo de Deus, durante a reunión que ambos mantiveron esta mañá no seu despacho da institución provincial e na que abordaron ademáis outras necesidades e demandas do municipio.

A cargo de programas como o Plan de Obras e Servizos (POS) e o Plan de Acción Social (PAS), a Deputación financiará no municipio obras como o saneamento e abastecemento en Esteiro, Penso ou Vilar ou a mellora dos parques infantís de San Xoán, O Penso e Casas Baratas. A estas achegas súmanse outras apobadas recentemente como a do Plan de Medioambiente (PMA), que suporá un investimento de 46.091,90 euros ou o Plan de Emprego Local (PEL), que este ano destinará 43.000 euros para subvencionar a creación de novos postos de traballo no municipio.

O rexedor mugardés solicitou a colaboración económica da institución provincial para a construción de vestiarios no campo de fútbol local, un investimento que poderá asumir con cargo ao plan de mellora de instalacións deportivas que está ultimando o goberno provincial, segundo lle confirmou Valentín González Formoso, e que permitirá aos municipios da provincia adecuar, modernizar ou construír novas infraestruturas destinadas a fomentar a práctica do deporte.

Asimesmo, Juan Domingo de Deus solicitou a colaboración da Deputación para actualizar o seu inventario de bens municipais, unha petición que o goberno provincial estudará, xa que que a institución provincial leva a cabo na actualidade esta labor para 13 municipios coruñeses que non dispoñen do documento, que en Mugardos xa se realizou nos anos 2007-2008.

9 de xuño de 2016 | 17:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.