A Deputación da Coruña incorpora medidas para a máxima transparencia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Deputación da Coruña leva a cabo a incorporación de medidas en prol da maior transparencia posíbel, e que a pon á cabeza das administracións onde máis se recalca este xeito de comunicar as actuacións contractuais. Ademais dos aspectos mínimos recollidos na lei, a Deputación fará públicas informacións como a relación de admitidos e excluídos nun contrato, as ofertas presentadas e os importes, as empresas vinculadas, as ofertas temerarias ou as puntuacións de cada oferta, para asegurar a máxima transparencia.

O servizo de Patrimonio e Contratacion da Deputación da Coruña implementa accións para unha transparencia máxima nun ámbito no que esta Administración se pon á cabeza das institucións locais. A partir aprobación das novas modificacións incluidas na resolución, a Deputación publicará todos os informes de valoración técnica e as posteriores ofertas económicas. “A Deputación sitúase, coa aplicación destas medidas, en niveis máximos de transparencia xa que non só se publican as ofertas e as resolucións senón o expediente na súa totalidade”, explica Xesús Soto, responsábel da área.
A aprobación da recente resolución relativa á publicación no perfil do contratante de información sobre as actuacións da mesa de contratación nos correspondentes procesos licitadores implica que, ademais da información que xa se viña publicando no Perfil do Contratante, a partir de agora incluirase, en primeiro lugar, a relación de admitidos e excluídos e as causas de exclusión, nas distintas fases da licitación e apertura de plicas.

osteriormente fará público tamén no perfil do contratante as comunicacións de subsanación de defectos ou omisións, a relación de ofertas presentadas e os seus importes económicos e a relación de empresas vinculadas, dando transparencia a todo o procedemento administrativo. Das contratacións da Deputación coñecerase tamén publicamente que ofertas das presentadas están incursas en presunción de temeridade por baixas anormais ou desproporcionadas e as propostas de aceptación ou rexeitamento. As actas do comité de expertos e a valoración e puntuacións totais e parciais tamén sairán no Perfil do Contratante así como a proposta que formula a Mesa de Contratación ao Órgano de Contratación, relativa á adxudicación do contrato así como as actas das súas xuntanzas.

Ademáis de todo isto a Deputación adhírese á Plataforma de Contratación do Sector Público que non se fixera na anterior corporación, a pesar de estar recollido na lei. A medida supón máis publicidade para calquera licitación da Deputación xa que enlaza coa plataforma de contratación do sector público e non se recolle unicamente na páxina oficial do organismo.

A publicidade das contratacións inclúe tamén os contratos menores que serán publicados tamén no Portal da transparencia dun xeito mensual.

Participación dos grupos políticos

Asemade, o goberno da Deputación subiu chanzos na maior participación dos grupos políticos con representación no pleno nos procesos de contratación. Con este fin, por vez primeira todos os grupos político teñen voz e voto na Mesa de contratación co cal teñen información directa e poden opinar e formar parte de todas as decisións que se toman.

“Trátase de medidas que supoñen un grande avance con respecto aos procesos de contratación, alcanzando así niveis de transparencia e participación moi altos, superando os mínimos esixidos por lei. Calquera persoa e empresa teñen acceso á información de todo o proceso e, o que tamén é moi importante, os representantes dos grupos políticos teñen unha participación moito máis activa nas Mesas de Contratación”, explica o deputado responsábel da área Xesús Soto.

13 de xuño de 2016 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.