publicidade hoxe

A Deputación da Coruña adxudica as obras de ampliación e mellora da estrada de acceso a Berdeogas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDumbría
A-
A+

A Deputación da Coruña acolleu hoxe a sinatura do contrato da obra de ampliación da plataforma e mellora de capa de rodadura na DP 3401, acceso a Berdeogas, no concello de Dumbría, dende o PK 0 ao 1,400, cun orzamento de 146.924,31 euros.

As obras, que comezarán nas vindeiras semanas, foron adxudicadas á empresa Aquablue Sistemas Constructivos SL e terán un prazo de execución de catro meses.
Os traballos consisten na ampliación da estrada entre o seu inicio e o PK 0+540, ata un ancho de plataforma de 7 metros, con dous carrís de tres metros de ancho en cada sentido e arcéns de 0,50 metros. Neste tramo, inclúese a construción de tramos de senda peonil de ancho variable e dótase a toda a estrada dunha nova capa de rodadura con mistura bituminosa en quente de 5 cm., o que incrementará a capacidade portante do pavemento e mellorará as características funcionais e a seguridade do vial.
O proxecto inclúe ademáis a renovación da barandilla existente entre os PK 0+920 e 0+960, a nova sinalización horizontal e vertical do tramo, a instalación de sumidoiros e drenaxe de pluviais e a reposición dos servizos afectados.

22 de xuño de 2016 | 16:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.