publicidade hoxe

A Consellería de Infraestruturas inicia as obras de reforzo do firme na LU-613 ao seu paso por Portomarín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoPortomarín
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), inicia hoxe as obras de reforzo de firme na estrada LU-613 ao seu paso polo concello de Portomarín. Estas actuación forma parte dun conxunto de accións que benefician a outras estradas da provincia de Lugo, como a LU-232 e a LU-212, nesta última, que une as localidades de Taboada e Monterroso, xa teñen comezado as obras.

Na LU-613, procederase a ensanchar a plataforma dun ancho dun metro nos primeiros 340 metros da estrada (ata o cruce co Camiño de Santiago), pola marxe dereita, ata acadar un ancho de 7 metros; ademais contémplase a extensión dunha nova capa de rodadura no tramo, e de chan cemento sobre o Camiño de Santiago, que discorre en paralelo á estrada pola súa marxe dereita.

Con estas accións, que teñen un prazo de execución de seis meses, o Goberno autonómico mellorará o estado do firme, para favorecer a comodidade dos usuarios e a seguridade viaria nos treitos obxecto da actuación.

Nas outras vías realizaranse os seguintes traballos:

– LU-212: rehabilitación localizada do firme mediante fresado e reposición, en zonas comprendidas entre os puntos quilométricos 1+800 e 9+470 (Concellos de Monterroso e Taboada).

– LU-232: rehabilitación localizada localizada mediante fresado e reposición, en puntos comprendidos entre os PK´s 0+880 e 18+700 (Concellos de Lugo e Friol). Contempla ademais a rehabilitación do firme na travesía de Friol (puntos quilométricos 18+860 a 19+500), na totalidade da sección.

Conservación de estradas

A Consellería de Infraestruturas está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas, con actuacións que non só se limitan ás tarefas ordinarias de conservación, senón que ademais se complementan con obras de conservación extraordinarias.

3 de xuño de 2016 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.