Xulio Ferreiro cre que Romeu critica o apoio do PSOE a alcaldes das mareas porque prefire que goberne o PP

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europa Press

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, opinou que o voceiro parlamentario do PSdeG e precandidato ás primarias socialistas José Luis Méndez Romeu critica o apoio do PSOE a alcaldes das mareas porque “prefire que goberne o PP”.

Preguntado ao respecto das palabras de Méndez Romeu este mércores nunha entrevista a ‘La Voz de Galicia’ -onde asegura que o seu partido se equivocou ao investir os alcaldes das mareas- , Ferreiro indicou que ao mellor ” prefire que goberne o PP”.

“É lexítimo que os militantes socialistas saiban a proximidade do señor Méndez co PP”, sentenciou tamén o rexedor, quen situou a Méndez Romeu en “campaña electoral”.

Por outra banda, mostrouse convencido de que durante estes días se escoitarán “moitas cousas como o compromiso coa esquerda do PSOE, a herdanza galeguista ou que están en contra dos recortes”. “E logo volveremos ao de sempre”, apostilou.

11 de maio de 2016 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.