Xulgan a un home na Coruña por abordar a menores para tocarlle as nádegas cando ían ao colexio
Un home será xogado este martes, día 3 de maio, na sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña acusado de supostamente abordar a menores cando ían ao colexio para tocarlle as nádegas. A vista terá lugar a partir das 11,00 horas.
No seu escrito de acusación, o Ministerio Público pide que o home, con identidade A.B.C, sexa condenado cinco anos e seis meses por un delito continuado de abusos sexuais.
Conforme sinala o documento, o día 13 de febreiro de 2014, sobre as 8,00 horas de mañá, achegouse a unha menor que se dirixía ao colexio e, “coa intención de satisfacer os seus desexos sexuais, dirixiuse a unha menor de 12 anos e tocoulle con forza as nádegas, marchándose do lugar”.
O Fiscal sinala que feitos similares ocorreron o día 24 dese mes, cando se dirixiu a outra menor da mesma idade e volveulle a tocar as nádegas. Estes supostos tocamentos repetíronse o 20 de marzo e o 21.
Pola súa banda, o día 24, sobre as 14,40 horas, ao ver camiñando a unha menor que tiña 13 anos nesa data, “dirixiuse a ela por detrás e agarroulle con forza as nádegas, chegando a introducir unha das súas mans por baixo do abrigo”. Tamén o 7 de abril abordou a outra menor que regresaba do colexio, levantoulle a saia e tocoulle as coxas.
Por todo iso, ademais, o Fiscal pide que o A.B.C indemnice a cada unha das prexudicadas na cantidade de 1.800 euros por dano moral. O caso procede do Xulgado de Instrución número 4 da Coruña.











