publicidade hoxe

Urbanismo require a Caldas de Reis que cumplimente a integridade documental do PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de Reis
A-
A+
Encarnación Rivas na reunión co alcalde de Caldas de Reis. Foto: X. Crespo

Encarnación Rivas na reunión co alcalde de Caldas de Reis. Foto: X. Crespo

A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo notificou hoxe ao concello de Caldas de Reis un requerimento para que cumplimente a integridade documental do PXOM, no que se indican de xeito concreto as eivas detectadas.

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas Díaz, mantivo recentemente unha reunión co alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, na que abordaron o estado de tramitación do PXOM, que entrou para aprobación definitiva o pasado 12 de abril. Durante o encontro, xa se lle adiantou que esta semana recibiría esta notificación para continuar avanzando na tramitación do planeamento.

Unha vez cumprimentado polo concello, a Administración galega dispón dun prazo de tres meses para estudar o PXOM, período que empeza a contar unha vez que este completo. Cómpre destacar que o Plan xeral foi aprobado provisionalmente o pasado 16 de marzo de 2016 e porá fin ás Normas Subsidiarias de Planeamento vixentes dende xullo de 1994, hai 21 anos.

A Xunta de Galicia destaca o apoio técnico e económico a este documento, que planificará o desenvolvemento do concello da comarca do Umia, para o cal concedeu axudas por importe de 170.000 €.

Caldas de Reis é un dos 31 concellos que axilizaron a aprobación provisional do PXOM pola eminente entrada en vigor da nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia o pasado 19 de marzo, dos cales 21 xa están a ser analizados polos técnicos autonómicos: Fisterra, Frades, Mañón, Noia, Pontedeume, Tordoia, Trazo, Foz, Guitiriz,Mondoñedo, As Nogais, Pobra de Brollón, Quiroga, A Bola, Gomesende, Oímbra, Rubiá, Sarreaus, Mos, Ponteareas e Soutomaior, que xa están a ser analizados polos técnicos autonómicos. Ademais de Muxía e Porto do Son, que xa foron aprobados definitivamente nas datas: 11 de abril e 28 de abril respectivamente.

Antedecentes

Aínda que o PXOM de Caldas foi contratado en 2003, non recibiu un impulso decisivo ata finais de 2011, cando o Goberno municipal o remitiu a Xunta para o IPAI (Informe previo á aprobación inicial), que emitiu a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio en febreiro de 2012.

A continuación, someteuse a aprobación inicial polo Pleno municipal en xaneiro de 2013; expúxose ao público para a presentación de alegacións; solicitáronse preto de 30 informes sectoriais; e realizouse a tramitación urbanística e ambiental, ata a aprobación provisional do pasado 16 de marzo.

12 de maio de 2016 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.