publicidade hoxe

Un paquete sospeitoso na Armada en Ferrol activa o protocolo de seguridade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal PortadaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha caixa sospeitosa foi localizada a primeira hora da mañá deste luns á entrada do pavillón de Batallóns de Ferrol, pertencente á Armada, e motivou a activación do protocolo de seguridade establecido para estes casos, polo que se acordoou a zona.

Segundo aseguraron fontes da Armada, o vulto sospeitoso localizouse na zona de entrada ao pavillón, na súa parte dianteira, e ten un tamaño de “dúas caixas de zapatos”.

Nun primeiro momento foron os artificieros da Armada os que se achegaron á zona, con cans adestrados na localización de explosivos, que ao parecer “non detectaron nada estraño”.

De tódolos xeitos, ao ser o exterior do pavillón onde se localizou o paquete sospeitoso, pediuse a presenza dos Tedax de la Policía Nacional, que se desprazaron dende a cidade da Coruña.

Na zona existe unha grande expectación e un colexio público da zona, o Isaac Peral, continua coa súa actividade docente, o que non impediu certa inquietude por parte dalgúns proxenitores.

9 de maio de 2016 | 13:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.