publicidade hoxe

Un detido tras ir á casa da súa nai, da que ten orde de afastamento, e quitarlle 60 euros e unha tablet

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaEsgosSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil de Esgos (Ourense) detivo a E.R.S., de 26 anos e veciño desta localidade, como presunto autor dun delito de quebrantamiento e furto. A detención produciuse no mediodía deste mércores por feitos acontecidos o pasado 30 de abril, cando o detido, segundo explica a Benemérita, foi á vivenda da súa nai, da que ten unha orde de afastamento en vigor, e se apoderou de 60 euros en efectivo e unha tablet.

Así mesmo, impútaselle un delito de roubo con forza nunha igrexa de Esgos, durante a noite do 3 de maio, cando conseguiu o diñeiro do cepillo. O caso lévao o Xulgado de Instrución número 1 de Ourense.

Por outra banda, en Ribadavia, a Garda Civil denunciou como investigada a C.R.P., de 49 anos de idade e veciña de Leiro, por un suposto delito contra a seguridade vial, ao ser sorprendida conducindo un vehículo na N120 cunha taxa de alcohol superior á permitida.

5 de maio de 2016 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.