Setenta e cinco concellos da provincia contratarán técnicos deportivos municipais co apoio da Deputación da Coruña
Un total de 75 concellos da provincia da Coruña contratarán a técnicos deportivos municipais durante o ano 2016 grazas ao apoio económico da Deputación, que este ano destina un total de 671.156,37 euros a financiar este programa. A listaxe coa concesión definitiva das subvencións publícase no Boletín Oficial da Provincia de hoxe martes, 3 de maio.
Os concellos beneficiarios, que percibirán axudas que oscilan entre os 6.250 e os 9.000 euros, son A Baña, A Capela, A Laracha, A Pobra do Caramiñal, As Pontes de García Rodríguez, As Somozas, Abegondo, Ames, Aranga, Ares, Arteixo, Betanzos, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cambre, Carballo, Carnota, Carral, Cee, Cerceda, Corcubión, Curtis, Dodro, Dumbría, Ferrol, Fisterra, Frades, Irixoa, Laxe, Lousame, Malpica, Mañón, Mazaricos, Melide, Mesía, Moeche, Monfero, Mugardos, Muros, Muxía, Neda, Noia, Oleiros, Ordes, Oroso, Outes, Paderne, Padrón, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Santiso, Sobrado dos Monxes, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño, Vedra, Vilarmaior, Vilasantar, Vimianzo, Zas e O Pino.
O deputado responsable da área de Deportes da institución provincial, José García Liñares, destacou “os efectos positivos que este programa ten tanto para a xeración de emprego na provincia”, coa creación de 75 postos de traballo durante un ano, como para “o fomento do deporte e a actividade física entre a poboación”, especialmente nenos e maiores, que contarán nos seus concellos con persoal técnico especializado na promoción de actividades deportivas.











