publicidade hoxe

Rey Varela cre que en Ferrol houbo máis ben xestos, pouca xestión e moitas paralizacións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+
Europa Press

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, opinou, cando se cumpre un ano das eleccións municipais, que en Ferrol “houbo máis ben xestos”, “pouca xestión e “moitas paralizacións de proxectos importantes de futuro”.

No aniversario dos comicios locais, o popular, quen fose alcalde ferrolano, valorou que “non se percibiu” que a “ilusión de moita xente se trasladara en políticas reais” por parte dos “que se presentaban como as coalicións ou os gobernos dos cambios”.

“Houbo máis ben xestos e máis ben pouca xestión que se trasladara aos veciños”, apuntou, tras un acto en Santiago, a preguntas dos xornalistas pola situación da cidade departamental, onde gobernan Ferrol en Común e PSOE, con tensións nas últimas semanas.

Neste sentido, Rey Varela criticou que se producisen “moitas paralizacións de proxectos importantes de futuro” e que “aínda non se ve un proxecto de cidade encamiñado, que é o que ao final necesitan as cidades”.

24 de maio de 2016 | 16:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.