Red.es ofrece ás empresas TIC a posibilidade de participar no Mobile World Congress Shanghai

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

A Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información (SETSI), a través de Red.es, e como patrono da Fundación da Mobile World Conference de Barcelona (FMWCB), vén de publicar unha invitación a empresas para participar no pavillón da Fundación no World Congress Shanghai 2016, que se celebrará os días 29 e 30 de xuño e 1 de xullo de 2016

O pavillón contará coa presenza da propia Fundación e das 16 empresas españolas do sector das Tecnoloxías da Información e Comunicacións e da Sociedade da Información, que serán seleccionadas por Red.es a través desta invitación. As empresas seleccionadas poderán obter unha axuda de ata 1.000€ para gastos de viaxe.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o vindeiro 9 de maio ás 23:59 h. A selección das empresas farase seguindo o orden de presentación de solicitudes. A información completa sobre a invitación pódese encontrar no Perfil do Contratante en Red.es.

South Summit, o encontro líder de emprendemento do Sur de Europa e Latinoamérca

Red.es colabora coa South Summit, dentro da súa estratexia de apoio ao emprendemento tecnolóxico. Froito desta colaboración, convida aos emprendedores TIC a participar na Startup Competition do South Summit que se celebra en Madrid entre o 5 e o 7 de outubro de 2016.

A convocatoria de propostas para participar na Startup Competition xa está aberta e o prazo para inscribirse remata o vindeiro 31 de maio. Os emprendedores TIC interesados en participar desta iniciativa deben inscribirse a través da web da South Summit.

De entre todas as solicitudes, Red.es seleccionará a 100 finalistas para participar nun programa de adestramento durante o mes de setembro que incluirá a preparación de presentacións ante inversores, información sobre diversas fontes de financiamento, así como información sobre as principais empresas que participarán no South Summit 2016. Asemade ás empresas finalistas recibirán tres entradas gratis para a South Summit.

Impulso da dixitalización empresarial no CDTIC

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Red.es veñen colaborando no impulso da dixitalización empresarial a través do Centro Demostrador TIC, que actúa como punto punto de encontro entre a oferta do sector TIC e a demanda o resto dos sectores empresariais galegos.

O obxectivo principal do CDTIC, situado en Santiago de Compostela, é amosar e demostrar ás empresas e profesionais os beneficios que as TIC poden ofrecer ao seu negocio. Para conseguilo o CDTIC ofrece ao sector TIC galego as súas instalacións e recursos para que poidan poñer en valor os seus produtos, servizos.

As actuacións do Centro enmárcanse nas medidas da Axenda Dixital de Galicia 2020 para impulsar a dixitalización empresarial na Comunidade.

4 de maio de 2016 | 17:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.