Raquel Arias destaca o retorno económico que La Vuelta a España 2016 xerará para o sector turístico da Mariña lucense

Raquel Arias na presentación da etapa lucense
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, participou esta mañá en Viveiro na presentación da etapa de La Vuelta a España 2016 que partirá desta localidade o día 24 de agosto e que terá como destino final a cidade de Lugo.
Arias subliñou que “a volta ciclista é un importante escaparate para o sector turístico da Mariña, dado a enorme repercusión mediática do evento, que se retransmite ata en 190 países”, e fixo especial fincapé no retorno económico que xerará para comarca. Neste senso, lembrou que “o ano pasado, La Vuelta a España, deixou en Galicia uns 4 millóns de euros”.
O día 25 de agosto, La Vuelta continuará pola provincia de Lugo cunha nova etapa que partirá de Monforte de Lemos percorrendo boa parte da Ribeira Sacra lucense.











