publicidade hoxe

Raimon Trias convértese no novo director financeiro de Nueva Pescanova

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRedondela
A-
A+
Europa Press

Nueva Pescanova nomeou ao economista Raimon Trias como novo director financeiro dentro do proceso de reestruturación en curso dos equipos directivos tras o nomeamento de Ignacio González como conselleiro delegado da compañía, segundo informou este mércores a multinacional galega.

Licenciado en dirección de empresas pola Universidade de Barcelona e con formación superior polo IESE, Trias foi dende 2012 director financeiro de Huta Ostrowiec, a filial polaca da siderúrxica catalá Grupo Celsa, primeiro produtor de aceiro de Europa, ao que estivo ligado dende o 2005.

Entre 2007 e 2012 foi o máximo responsable financeiro da compañía no Reino Unido, Celsa UK, con sede en Cardiff.

Previamente tivo posicións como director financeiro en Global Steel Wire, compañía do mesmo grupo radicada en Santander e na central do Grupo como controller.

Antes de unirse a Grupo Celsa, Raimon Trias traballou en Deloitte como auditor.

18 de maio de 2016 | 16:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.