Podemos compromete o seu apoio á manifestación pola sanidade pública
A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, expresou o seu apoio á mobilización impulsada pola plataforma SOS Sanidade Pública e que convocou para este xoves unha manifestación nas rúas da cidade olívica en contra da “privatización” da sanidade e do Hospital Álvaro Cunqueiro. De feito, a galega e número tres da formación morada, Carolina Bescansa, tamén avalará coa súa presenza este acto.
Como previa á mobilización, este luns Podemos Galicia, xunto ao senador José García Buitrón, organizou un acto en Vigo para explicar as motivacións desta mobilización e que tamén conta coa participación do voceiro da plataforma, Manuel Martín, ademais doutras voces como a da enfermeira do Hospital Álvaro Cunqueiro e inscrita de Podemos Galicia, Antonia Montañés.
Neste escenario e en declaracións, a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, sinalou que é “absolutamente fundamental e prioritario secundar esta mobilización da área sanitaria de Vigo”, posto que “se está a facer un ataque á sanidade pública, priorizar concertos e provocando un gasto” que as administracións públicas “non se “poden permitir”.
Así, acusou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de que “prevalezan” os intereses “dos seus amigos” fronte á sanidade pública. Ademais, avisou da “deterioración da sanidade” que queren reverter.
Preguntada por cál é a proposta de Podemos Galicia se chega á Xunta nas eleccións de 2016, Carmen Santos indicou que se farán “auditorías independentes” para coñecer non só a situación do Álvaro Cunqueiro, senón dos “concertos” do Sergas, incluído o de Povisa. Neste sentido, analizaranse, dixo, con todo as partes implicadas “cáles son as alternativas”.
Como premisa fundamental, aínda sinalando que hai que analizar a situación dos concertos en xeral, Podemos Galicia aposta pola “xestión pública e directa como prioridade para o sistema sanitario”, precisou Carmen Santos.











