Os usuarios do aeroporto de Vigo medraron en abril nun 42,6%
O aeroporto de Vigo rexistrou durante o mes de abril un total de 74.788 pasaxeiros, o que supón unha suba do 42,6 por cento con respecto ao mesmo mes do ano anterior e representa o maior incremento dos tres aeródromos galegos.
Segundo os datos facilitados este xoves por Aena, os aeroportos da Comunidade gañaron en abril 30.591 usuarios, un 9,19 por cento máis que no mesmo mes do ano pasado, superando os 363.000 pasaxeiros.
Non obstante, os mellores datos porcentuais foron para Peinador, que creceu un 42,6 por cento en usuarios. Del total de viaxeiros, 69.327 utilizaron rutas comerciais nacionais, o que supón un 41,7 por cento máis que fai unha ano.
Pola súa banda, 206.093 persoas fixeron uso do aeroporto de Santiago durante o mes de abril, un incremento do 4,9 por cento. Os voos comerciais nacionais creceron un 3,8 por cento e os internacionais un 9,5 por cento neste período.
Fronte a estes datos, o aeroporto coruñés de Alvedro rexistrou no cuarto mes do ano unha caída no número de pasaxeiros do 1,6 por cento, ata os 82.308. Do total de viaxeiros comerciais -81.550-, a maior parte -72.595- utilizou traxectos nacionais e 8.955 internacionais.
OPERACIÓNS E CARGA
En relación ás operacións, o aeroporto de Vigo acolleu neste mes 894 voos, un 14,5 por cento máis que hai un ano, dos cales 670 foron comerciais nacionais e 61 internacionais.
Os voos no aeroporto de Santiago alcanzaron os 1.757 no cuarto mes do ano, un 2,6 por cento máis, dos que 1.315 foron comerciais nacionais e 364 internacionais. Os voos comerciais en Lavacolla creceron un 6,9 por cento.
Finalmente, o aeroporto da Coruña rexistrou neste período 1.304 voos, un 6,2 por cento máis, dos cales 705 foron nacionais comerciais e 119 internacionais.
O transporte de mercadorías diminuíu no aeroporto de Vigo en abril un 30 por cento, ata as 26 toneladas; mentres que en Santiago de Compostela creceu un 6,8 por cento, ata as 189 toneladas. A Coruña creceu neste parámetro un 34,4 por cento máis, ata as 17 toneladas.











