O presidente do TSXG sitúa na normalidade a reapertura da instrución polo accidente de Angrois

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas, situou dentro da “normalidade” o feito de que a Audiencia Provincial da Coruña ordenara reabrir a instrución que investiga as causas do accidente do tren Alvia que supuxo 80 mortes e máis dun centenar de feridos o 24 de xullo de 2013.

En concreto, faino, despois de que a sala conclúa que o Xulgado de Instrución número 3 de Santiago debe seguir investigando para aclarar diversos extremos expostos nas periciais. A preguntas dos xornalistas, o presidente do TSXG dixo que é “absolutamente normal” a decisión da Audiencia da Coruña.

Preguntado se supón unha ‘amoestación’ aos xuíces que asumiron a instrución, rexeitou esa posibilidade. “É unha valoración que fai a Audiencia, considerando que había determinados puntos que merecían ser investigado”.

“É un mecanismo habitual dende o punto de vista xudicial, outra cousa é que en moitas causas se considere que non deben volver á fase de instrución”, engadiu o titular do TSXG, quen rexeitou que supoña “un problema” polos prazos que fixa a Lei de Axuizamento Criminal para a revisión das causas.

POSTURA DA FISCALÍA

Pola súa banda, o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, sinalou que o Ministerio Público “valorará outra vez” esta causa, tras a decisión da Audiencia Provincial da Coruña.

Desta, dixo que aínda non puido examinar a resolución, pero que recalcou que se trata dun procedemento procesual “perfectamente admisible”.

27 de maio de 2016 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.