O pleno da Deputación da Coruña aproba un Plan de Medioambiente que distribuirá 5 millóns de euros entre os concellos da provincia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O pleno da Deputación da Coruña apobou hoxe por unanimidade as bases reguladoras e as asignacións municipais do novo Plan de Medioambiente (PMA), dotado con 5 millóns de euros e destinado aos 93 concellos da provincia para o financiamento de investimentos e actividades que contribúan a manter e mellorar o entorno natural e a calidade ambiental da provincia da Coruña, promovendo o desenvolvemento de políticas respectuosas co medioambiente dende o ámbito municipal.

As bases do plan especifican que os concellos deben destinar un mínimo do 50% da súa asignación do PMA a investimentos medioambientais. A porcentaxe restante, até un máximo do 50%, pode destinarse a actividades relacionadas coa mellora do entorno natural dos municipios.
Os proxectos de investimentos financiables a través deste novo plan provincial deben ter un orzamento superior aos 15.000 euros. Entre eles contémplanse a contrución, substitución ou mellora das instalacións produtoras de enerxía, a mellora dos sitemas de alumeado público orientados ao aforro e a mellora da eficiencia enerxética ou á redución da contaminación lumínica, mellora dos sistemas de climatización de edificios municipais, adquisición e instalación de colectores de recollida selectiva de lixo, creación ou adecuación de parques, xardíns e outras zonas verdes de titularidade municipal ou a renovación e mellora de redes de saneamento e abastecemento de auga, entre outros investimentos cuxo obxectivo principal sexa a conservación do medioambiente.

No apartado de actividades poderán incluirse proxectos cun orzamento mínimo de 3.000 euros que estean relacionados con esta finalidade, tales como estudos de mellora da eficiencia enerxética, realziación de mapas de ruídos e control ac´sutico, campañas de limpeza de espazos verdes (ríos, áreas recreativas, montes), campañas de sensibilización medioambiental ou de eliminación de especies invasoras como a “herba das Pampas” (cortaderia selloana), xornadas e accións de formación relacionadas coa reciclaxe, a conservación do medio natural ou a loita contra o cambio climático e a contratación de brigadas medioambientais que axuden ao correcto mantemento dos espazos verdes e, ao mesmo tempo, contrbúan á creación de postos de traballo, un dos obxectivos principais da Deputación durante o presente mandato.

Como todos os plans provinciais, o PMA baséase en criterios obxectivos para o reparto de fondos entre os concellos coruñeses, en función das seguintes variables: 33% cota fixa (17.533 euros para todos os concellos, agás Oza-Cesuras, que percibirá 35.106,38, como concello fusionado), 20% esforzo fiscal, 14% número de parroquias e 33% densidade de poboación, primando así aos concellos pequenos e rurais, con menor densidade poboacional e maior número de espazos verdes no seu territorio.

A maiores da asignación provincial do PMA, os concellos poden voluntariamente sumar as súas propias achegar para completar os investimentos necesarios.

27 de maio de 2016 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.