publicidade hoxe

O Igape destaca a aposta de Terxy pola calidade e a mellora da competitividade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBergondo
A-
A+
Javier Aguilera na visita ás instalacións de Terxy. Foto: M. Fuentes

Javier Aguilera na visita ás instalacións de Terxy. Foto: M. Fuentes

O director do Igape, Javier Aguilera, destacou hoxe en Bergodo a firme e continuada aposta de Terxy pola calidade e a mellora da súa competitividade como base e garantía para seguir medrando e para vender os seus produtos en novos mercados internacionais.

Durante a súa visita ás instalacións desta compañía especializada na fabricación de equipamentos para o descanso, Aguilera salientou que Terxy se acolleu ao programa ReAcciona para optimizar e profesionalizar tanto a súa produción como a súa loxística.

Cun cadro de persoal integrado por 25 traballadores e unha facturación próxima aos 2 millóns de euros, Terxy está especializada en fabricación de equipamentos para o descanso como colchóns, bases tapizadas, somieres articulados ou almofadas, contando coa certificación de Galicia Calidade.
A compañía galega está preparada e disposta para enfrontar o reto de levar os seus produtos, fabricados con materiais ecolóxicos, saudables e innovadores, a mercados internacionais onde a cultura do descanso está máis arraigada.

O director do Igape destacou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria mantén a disposición das empresas, a través do Igape, programas como Galicia 1000 ou Galicia Inviste para que as pemes sigan a contar en todo momento cos apoios que precisen para investir e crear emprego ou acceder a novos mercados internacionais.

Neste sentido, salientou que as empresas galegas poden acceder a capital risco, préstamos directos, préstamos participativos ou préstamos bancarios bonificados ou avalados polo Igape, así como a liñas de axuda para cubrir ata o 35% dos seus investimentos, a partir de 50.000 euros, en novos equipamentos ou proxectos intensivos en creación de emprego.

2 de maio de 2016 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.