publicidade hoxe

O goberno provincial entrega máis de 78.000 euros a Ponteareas para a ampliación dunha rede de abastecemento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareasPontevedra
A-
A+

A Xunta de goberno da Deputación de Pontevedra concede unha nova achega ao concello de Ponteareas ao abeiro da liña 1, investimento, do Plan Concellos 2016. A axuda, que acada un importe de 78.010,79 €, destinarase á ampliación da rede de abastecemento nas zonas de A Chan-Vilafria, e O Cruceiro.

Esta contía súmase ós 87.079,97 € concedidos para o pagamento de gastos correntes, liña 2; e 250.047,93 € para a contratación de 34 traballadores e traballadoras que están a desempeñar as súas labores para o concello.

No que vai de ano o goberno provincial leva entregados o 37,34 % do total destinado a Ponteareas dentro do Plan Concellos 2016, o que supón un investimento na vila de 415.138,69€.

9 de maio de 2016 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.