O alcalde da Coruña aposta por mellorar En Marea
O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, defendeu “mellorar” o proxecto de En Marea, mentres que apostou por concorrer ás eleccións xerais do 26 de xuño cunha candidatura “forte e unida”.
A preguntas dos xornalistas, sobre o acordo da Mesa de Coordinación de En Marea na que están representados Podemos Galicia, Anova e Esquerda Unida, xunto con mareas cidadás como Compostela Aberta e Ferrol en común, ademais da plataforma Encontro por unha Marea Galega para volver rexistrar a coalición, dixo que non está “nin satisfeito, nin non satisfeito”.
Así, recalcou que se trata dunha cuestión que compete á Mesa de Coordinación, na que non está e engadiu que é “boa que as cousas que saíron ben, melloralas”. E agregou que “o importante é ter unha candidatura forte e unida, que xere ilusión na xente”.
Ferreiro mostrouse convencido de que a coalición obterá bos resultados nas novas eleccións xerais. “Non hai razóns para que non aconteza en xuño”, engadiu en alusión ao sucedido nos anteriores comicios.











