O 061-Galicia asistiu a 78 persoas por 58 accidentes na fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesos
A-
A+
Europa Press

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 78 persoas debido a 58 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 29 de maio ata as 23:59 horas do domingo, 1 de maio. O día da fin de semana que rexistrou máis incidentes foi o sábado con 22 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 79 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 58 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 78 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 61 e 39 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 30 por cento dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 25 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

A Coruña: 22
Lugo: 5
Ourense: 6
Pontevedra: 25
Total Galicia: 58

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 76. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a 11 sinistros, o helióptero medicalizado atendeu nun accidente, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 57 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis sinistros. As ambulancias convencionais mobilizáronse nunha ocasión.

En 70 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, unha persoa faleceu no punto do sinistro e en sete ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado.

2 de maio de 2016 | 10:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.