publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Luis Menor enxalza a resposta ante as emerxencias do Ges e os voluntarios de Protección Civil de Valga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaValga
A-
A+
Luis Menor na visita a Valga

Luis Menor na visita a Valga

O director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, visitou hoxe Valga para coñecer de primeira man o Grupo de Emerxencias Suramunicipal (GES) e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil deste concello pontevedrés.

O director xeral de Emerxencias destacou o importante labor que realizan estes grupos para ofrecer o mellor servizo de emerxencias posible e desde o chanzo máis próximo á cidadanía: os propios concellos.

A Xunta, consciente deste esforzo, intenta potenciar o seu traballo a través da dotación de medios materiais e dunha ampla oferta formativa na Academia Galega de Seguridade Pública. Precisamente a semana pasada estes grupos participaron nun curso sobre “técnicas de intervención e rescate en situacións meteorolóxicas adversas”

O GES de Valga ten 12 efectivos e, a parte do seu municipio, tamén atende as emerxencias dos concellos de Caldas de Reis, Catoira, Pontecesures e Portas. O grupo actúa principalmente en accidentes, incendios ou busca de persoas desaparecidas, entre outras incidencias.

Voluntarios de Protección Civil

En colaboración co GES presta a súa actividade a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, que foi creada a mediados dos anos 90s e na actualidade conta con 23 membros. Menor destacou a importancia deste tipo de agrupacións que complementan o labor dos grupos de emerxencias profesionalizados.

A AVPC actúa fundamentalmente en materia de prevención, autoprotección, campañas educativas ou eventos de masas, sempre en colaboración coas autoridades de protección civil. Para cumprir con estes obxectivos, na última campaña de entrega de material da Xunta, recibiron un todo terreo, unha carpa presurizada, un esparexedor de sal e a traxe especifico para a loita contra a vespa velutina.

Tanto os GES como os voluntarios de Protección Civil complementan e reforzan a rede profesional de xestión e atención ás emerxencias de Galicia, que xunto a bombeiros, policías, o Centro de Atención ás Emerxencias 112 e o 061, entre outros, conforman unha auténtica malla de seguridade en todo o territorio galego.

24 de maio de 2016 | 19:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.