Ferida unha muller de 40 anos tras ser atropelada na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha muller de 40 anos resultou ferida na mañá deste luns tras ser atropelada na rúa Francisco Pérez Carballo da cidade da Coruña. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o atropelo aconteceu pouco antes das 9,20 horas deste luns, cando un vehículo arrolou unha muller que cruzaba por un paso de peóns.

Ata o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros, de Protección Civil e de Policía Local. Así mesmo, o 061 enviou unha ambulancia asistencial, que trasladou á muller ferida ata o Hospital A Coruña.

9 de maio de 2016 | 13:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.