Ethel Vázquez analiza co alcalde de Arteixo as alternativas de actuación co fin de mellorar o tráfico no polígono de Sabón
A Conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada polo director da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Francisco Menéndez, e o delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, para tratar distintos asuntos relacionados con este concello coruñés, entre os que estivo o estudo de alternativas de actuación realizado pola AXI, organismo dependente da Consellería, no que se deseñan solucións para mellorar a circulación do tráfico no polígono de Sabón.
Ethel Vázquez explicoulle ao edil de Arteixo que a Xunta xa está a traballar para arranxar os inconvintes que presenta a zona. Para elo, a responsable de Infraestruturas do Goberno galego explicoulle ao alcalde que a AXI vén de redactar un estudo de alternativas de desdobramento da Avenida da Deputación, documento que foi entregado ao alcalde no transcurso da xuntanza, para que faga as súas suxerencias.
No documento, formúlase o paso da avenida a catro carrís, identifícanse as afecciones de servizos que poden existir e indícanse maneiras de resolver, especialmente, as interseccións ao pasar a catro carrís.
A semana que ven haberá unha nova reunión para seguir avanzando na concreción das propostas, xa que, sobre todo, é necesario coordinar o documento cos diferentes desenvolvementos que se prevén en parcelas do polígono anexas á avenida da Deputación.
Durante o encontro, o alcalde trasladoulle á responsable de infraestruturas do Executivo autonómico que, despois da entrada en servizo da nova rotonda elevada de Sabón, o tráfico transita de maneira fluída por esta infraestrutura, aínda que se teñen detectado algún problemas para o tráfico, que pasaron a afectar ao interior do polígono. Trátanse conxestión nas interseccións da Avenida da Deputación e, sobre todo, a hora punta de entrada e saída das empresas.