publicidade hoxe

Envorca un camión de transporte de animais na AP-9 ao seu paso por Teo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSucesosTeo
A-
A+
Europa Press

Un camión que transportaba animais vivos sufriu un accidente na madrugada deste martes na autoestrada AP-9 ao seu paso por Teo (A Coruña), onde resultou envorcado.

Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o accidente produciuse sobre as 2,30 horas desta madrugada no quilómetro 78 da AP-9 en sentido Vigo, á altura do viaduto de Solláns, cando o camión, que transportaba tenreiros e cordeiros, envorcou.

Até o lugar desprazáronse os Bombeiros de Boiro, o GES da Estrada e a Garda Civil de Tráfico. Non foi necesaria a intervención de efectivos sanitarios, dado que o condutor do vehículo resultou ileso.

3 de maio de 2016 | 12:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.