publicidade hoxe

Dúas persoas resultan feridas en accidentes case simultáneos na Autovía do Barbanza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxoSucesos
A-
A+
Europa Press

Dúas persoas resultaron feridas a última hora deste martes en dous accidentes case simultáneos acontecidos na Autovía do Barbanza, con 10 minutos de diferenza. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o primeiro dos accidentes tivo lugar sobre as 20.50 horas na AG-11 á altura de Rianxo (A Coruña), cando un vehículo que circulaba en dirección a Santiago se saíu da vía e resultou envorcado.

Ata o lugar desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Boiro, que tiveron que cortar o maleteiro para sacar o ferido. A vítima, que se atopaba consciente, foi trasladada por unha ambulancia do 061 ata un centro sanitario.

A mesma autovía foi escenario, 10 minutos despois, doutro accidente, acontecido á altura do concello coruñés de A Pobra, en dirección a Ribeira. O segundo vehículo accidentado tamén se saíu da estrada e foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Ribeira, que quitaron unha porta e un asento para poder sacalo do turismo.

Ata o lugar desprazáronse tamén efectivos de limpeza e mantemento de estradas, Garda Civil e unha ambulancia do 061, que trasladou ao ferido a un hospital.

25 de maio de 2016 | 10:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.