Dúas persoas feridas tras un tiroteo entre familias xitanas no CHUO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseSucesos
A-
A+
Europa Press

Dúas persoas resultaron feridas de carácter leve a última hora deste domingo nun tiroteo entre familias xitanas acontecido na entrada principal do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

Segundo confirmaron fontes hospitalarias, o tiroteo tivo lugar sobre as 23,30 horas deste domingo no hall de entrada principal do hospital, onde ademais se produciron danos a causa do impacto das balas.

Na liorta víronse implicadas polo menos sete persoas, todas elas de etnia xitana. Os servizos de emerxencias apuntan a unha disputa familiar como orixe do tiroteo, que se produciu tras un enfrontamento.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Nacional, que se atopan investigando os feitos. Segundo informaron fontes sanitarias, os feridos foron atendidos no centro hospitalario con lesións por disparo, aínda que foron dados de alta ás poucas horas.

16 de maio de 2016 | 13:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.